986 250 240     
PROGRAMAS DE INTERVENCIÓN

A Asociación érguete nace no 1984 como iniciativa dun grupo de familias cun vínculo común: a toxicomanía dalgún dos seus fill@s. Legalízase no ano 1985 destacando pola loita e denuncia do narcotráfico e pola demanda de recursos profesionais, públicos, e de tratamento da drogodependencia.

Debido á demanda que a Asociación vai recibindo na súa traxectoria, o 25 de outubro de 1989, asínase un convenio entre o P.A.D. (Plan Autonómico de Drogodependencias), Xunta de Galicia (Goberno Autónomo) e a Asociación, convenio polo que se crea o Servizo de Información e Orientación Xurídico-Social e Reinserción do Toxicómano (SIORT). Este Servizo posibilita unha atención especializada e provisional aos usuarios/ as, canalizando todas as demandas dos/as afectados/as, a nivel persoal, xurídico e socio- laboral.

é un paso máis do traballo pola plena incorporación á sociedade das persoas que tiveron problemas de drogodependencia, e en xeral dos colectivos que sofren o problema de marxinación, créase no ano 1999 a Fundación érguete-Integración.

Boa mostra da loita da nosa asociación é o documental realizado no ano 2005 titulado Ni locas ni terroristas, como tamén a película baseada na vida de Carmen AvendaƱo e das nais da Asociación érguete co título Heroina

Hoxe, na Asociación, impulsamos diversos Programas dirixidos á Orientación, Formación, Educación/ Reeducación e a Prevención, o apoio das familias e usuarios afectados ofrecéndolle axuda terapéutica, social, xudicial e facilitando a súa reinserción na sociedade.

ENTIDADES COLABORADORAS
Asociación de Axuda ao toxicómano Érguete declarada de utilidade pública no Diario Oficial de Galicia núm. 93. Miembro asociado á Unión Española de Asociaciones de Ayuda al Toxicómano (U.N.A.D.) - CIF G-36-642-726